HTC mellora a súa gama media de smartphones co Desire 600 dual sim

xoves, 23 de maio do 2013 Marcus Fernández

HTC anunciou hoxe un novo móbil de gama media, o HTC Desire 600 dual sim, o primeiro smartphone da compañía nesta categoría en integrar HTC Sense 5, HTC BlinkFeed e HTC BoomSound, prestacións que xa podían verse no HTC One e que agora chegan a este terminal máis modesto, aínda que tampouco falamos dun dispositivo de baixas prestacións, pois o novo smartphone funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon S4 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM e 8 Gb de almacenamento interno.
O HTC Desire 600 dual sim conta cunha pantalla Super LCD2 de 4,5 polgadas de 960 x 540 píxeles, cámaras de 8 e 1,6 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetootn 4.0, NFC e batería de 1.860 mAh; ten un grosor de 9,26 milímetros e un peso de 130 gramos. No que respecta ao seu funcionamento con dúas tarxetas SIM cómpre destacar que o formato de tarxeta móbil que acepta é o microSIM e ambas tarxetas poden funcionar á vez, ou sexa, que pódese recibir unha chamada nunha liña aínda que a outra estea en uso.

PUBLICIDADE