Haberá que pagar até 5,99 euros/mes por compartir conta en Disney+
xoves, 26 de setembro do 2024
Compartir contas con usuarios que vivan noutros fogares vai pasar a historia en Disney+, como xa aconteceu no seu dÃa con Netflix, comezando os bloqueos de accesos dende fóra do fogar nos EE.UU., e anunciándose xa en España os prezos que terán que pagar os usuarios adicionais de querer manter legalmente unha contratación conxunta.
Cando se detecta unha conexión dende fóra do fogar principal ofrécese a posibilidade de contratar un Acceso extra, limitado a un único perfil de usuario e á reprodución dende un único dispositivo á vez, pero mantendo as condicións de calidade e presenza ou non de publicidade que a conta principal, de aà que esta opción teña o seu propio cadro de prezos.
Cada Acceso extra nunha conta de Disney+ Estándar con anuncios terá un prezo de 4,99 euros/mes e dende unha conta Disney+ Estándar ou Disney+ Premium o prezo serÃa de 5,99 euros/mes.
Polo momento descoñécese cando farán efectivas as medidas de detección de conexións dende fóra do fogar principal en España, pero a publicación dos prezos de cada Acceso extra dá a entender que estamos ante algo inminente.