Hajar Brown, referente nas redes sociais, visitou Santiago da man da Fundación Araguaney
martes, 7 de febreiro do 2023
A Fundación
Araguaney-Puente de Culturas pon en marcha neste 2023 o ciclo de
conferencias Mulleres
na cima
co apoio do Concello de Santiago e a colaboración da Universidade
(USC). Ten o obxecto de achegar a sociedade en xeral, e en especial a
mocidade, a opinión que destacadas mulleres (líderes
sociais e culturais, científicas, artistas e académicas)
teñen sobre os temas de maior interese no ámbito da igualdade, así
como coñecer as súas experiencias profesionais, os seus retos de
superación e o seu labor vinculado ao apoderamento
da muller.
A primeira
conferencia celebrouse este
martes 7 de febreiro
na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, presentada pola
delegada do reitor para a Igualdade da USC, Marta Pérez Pereiro. No
seu relatorio, titulado Influencer
da igualdade,
Hajar Brown falou sobre a nova realidade do sector audiovisual e como
afecta á sociedade. Analizou o contexto actual e deu ao alumnado
as ferramentas necesarias para combater estas cuestións de igualdade
de xénero.
Filla de
pais marroquís, Hajar Brown (Madrid, 1996) está finalizando os seus
estudos de enxeñaría civil, ademais de ser influencer
con máis de cen mil seguidores en TikTok e Instagram, e realizar
traballos no mundo da interpretación, entre os que destaca a serie
SKAM. Comezou tratando temas sociais como muller española-musulmá,
ata que atopou o seu camiño e converteuse nunha voz necesaria para
moitas persoas.
“A miña realidade entre os
dous mundos é enriquecedora, aínda que sempre me prexudicou en
todas as áreas da miña vida porque o racismo sempre está latente.
É unha situación que non se soporta, arrástrase e téntase día a
día desfacerse
dese peso”, confesou.