Halo 4 estrea un trailer producido por David Fincher

venres, 19 de outubro do 2012 Marcus Fernández

En pouco máis de 2 semanas teremos oficialmente nas tendas o xogo máis importante para Xbox 360 da vindeira campaña de Nadal, Halo 4, e para ir animando o seu próximo lanzamento veñen de estrear un trailer de lanzamento producido por David Fincher, director de películas como El Club de la Lucha, no que podemos ver escenas de acción real seguidas dun reflexo do que ofrecerá o xogo desenvolvido por 343 Industries.
Neste vídeo podemos ver as orixes do Xefe Mestre e unha secuencia na que se enfronta aos Prometeos, así como un posible enfrontamento co Didacta, facendo que os seareiros desta saga que acadou o éxito grazas aos estudos Bungie poidan ver que a triloxía que inicia este Halo 4 ten moito que ofrecer.


Trailer de lanzamento de Halo 4

PUBLICIDADE