Halo 4 terá unha edición especial moi completa
mércores, 16 de maio do 2012
A franquÃa estrela da Xbox 360 vai volver en forma dunha nova triloxÃa que botará a
andar o vindeiro 6 de novembro, data na que chegará ás tendas Halo
4, xogo que pasará do popular estudo Bungie a ser desenvolvido por 343
Industries, continuando a historia do Xefe Mestre, que regresará para
enfrontarse aos seu destino e a un antigo mal que ameaza o universo enteiro.
Promete unha campaña máis épica que as anteriores e con máis elementos de
exploración, asà como un modo multi-xogador revolucionario.
Confiando nos xogadores incondicionais que van reservar o xogo antes do seu
lanzamento, adiantan que vai
contar cunha edición limitada de auténtico luxo, que nos EE.UU. custará
99,99 dólares, e que incluirá o acceso a 9 mapas descargables que están
programados para despois da saÃda do xogo, acceso anticipado a 6
especializacións (que permitirá personalizar os personaxes e desbloquear novas
opcións), peles para a armadura do Spartan-IV e o rifle de asalto, o UNSC Infinity Briefing Packet, accesorios
para o avatar de Xbox LIVE e unha versión estendida de 90 minutos da serie de
acción real Forward Unto Dawn, que
estrearase en liña en outubro.
Novo vÃdeo no que presentan a portada oficial do xogo