Halo 5: Guardians estrearase internacionalmente o 27 de outubro

luns, 30 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Un dos xogos máis prometedores para Xbox One, Halo 5: Guardians, non parece que vaia padecer a última vaga de adiamentos que está a afectar aos xogos para consolas de nova xeración, e será un dos grandes lanzamentos deste ano, chegando incluso con bastante antelación á campaña de Nadal, xa que Microsoft fixou como data de lanzamento mundial do xogo o 27 de outubro.
Para anunciar a data de lanzamento oficial do xogo tamén estrearon un par de anuncios en vídeo cos títulos de All Hail e The Cost, que amosan encontros do Spartan Locke e do Xefe Mestre, dende os seus respectivos puntos de vista, de xeito que non chegamos a ter claro quen será finalmente o cazador e quen o cazado, incrementando as expectativas sobre a historia que 343 Industries está a tecer para esta nova trama do universo de Halo, da que teremos máis detalles durante a celebración do E3 en xuño.


Vídeo protagonizado polo Spartan Locke


Vídeo protagonizado polo Xefe Mestre

PUBLICIDADE