Halo: Combat Evolved Anniversary chega a PC
mércores, 4 de marzo do 2020
A primeira entrega de Halo, título estrela da Xbox
orixinal, adaptouse posteriormente a Xbox 360 e Xbox One, e agora
estrea versión para ordenadores persoais, nunha remasterización da
campaña orixinal que permítenos experimentar o ascenso lo lendario Spartan
coñecido como Xefe Mestre (Master Chief).
Halo: Combat Evolved Anniversary sería o segundo título de Halo: The
Master Chief Collection en adaptarse a PC (tras Halo: Reach), e está
dispoñible a través de tal recompilatorio tanto nas tendas de Windows
10 e Steam,
como dentro do Xbox Game Pass.
Esta remasterización do xogo permite gozar do mesmo con gráficos 4K e 60
fotogramas por segundo (ou máis, en función da potencial do noso equipo), xunto
con toda unha serie de características e opcións de personalización nativas de
PC.
Ao longo do ano continuarán a chegar a PC o resto de títulos que conforman a
recompilación de xogos de Halo protagonizados polo Xefe Mestre.