Halo Infinite proba o seu modo cooperativo
venres, 15 de xullo do 2022
O xogo Halo Infinite continúa a progresar, xa que a
súa ambición fixo que non puidese contar con todos os seus modos de xogo de
lanzamento, e agora bota a andar a fase de proba do seu
modo cooperativo, que até o 1 de agosto estará dispoñible para usuarios de
Xbox que mercasen a campaña do xogo ou que teñan Game Pass, mentres que no caso
dos xogadores para PC a través de Steam é preciso ter recibido unha invitación
para poder participar nestas probas.
Como parte desta proba os usuarios poderán gozar da campaña do xogo con até
tres compañeiros, soportando xogo cruzado con Xbox One, Xbox Series X|S e PC,
converténdose nun interesante xeito de botar unha nova ollada a Halo
Infinite.
Outra nova funcionalidade que están a probar é a repetición de misión, ou sexa,
que contaremos cun sistema no que veremos o mapa do xogo e poderemos elixir as
misións completadas para volver superalas.