Hama lanza nova estación multicarga “funcional e versátil”
mércores, 22 de abril do 2015
O fabricante xermano
Hama, especializado en accesorios para produtos tecnolóxicos,
presentou
estes días días a súa nova estación multicarga Powerhouse, un
aparello onde se funden “funcionalidade, versatilidade e aforro”,
en palabras da compañía, que tamén salienta outro cuarto factor de
cara á comodidade do cliente: o factor de poderse despreocupar da
obriga de cargar a súa tableta ou teléfono intelixente.
Segundo engade a
compañía, a estación é perfecta “para todos aqueles
consumidores que por traballo ou por asuntos persoais están na
obriga de empregar de continuo varios dispositivos para mantérense
conectados, cos problemas de autonomía que isto pode implicar”. O
accesorio de Hama posibilita conectar de maneira simultánea até
catro aparellos e mantelos cargados “en calquera lugar e intre”.
A nova estación inclúe
ademais unha función (Auto-detect) que fai que o circuíto
integrado recoñeza os dispositivos, “optimizando desta maneira o
proceso de carga dunha maneira personalizada para cada un dos
produtos conectados”. Ademais, incorpora unha protección externa
de silicona que incrementa, en palabras do fabricante, “a
protección dos trebellos cando estes estean conectados”. Á vez, o
sistema organizador de cables da zona inferior axudará “a evitar
os típicos nós e fará máis cómoda a súa utilización”,
engádese.
A estación dispón dunha
potencia de 4,8 A e é universal para as distintas correntes
eléctricas de todos os países, cun rango de 100 a 240 V. Incorpora
cable de corrente, dous cables USB e catro organizadores de cable. O
dispositivo xa está dispoñíbel a un prezo recomendado de venda ao
público de 54,99 euros.