Hammerin’ Harry volverá nun videoxogo para PSP

xoves, 31 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

O xogo de máquinas recreativas Daiku no Gensan, máis coñecido coma Hammerin’ Harry, publicado orixinalmente en 1990, nos permitía encarnar a un obreiro armado por un enorme martelo para atizar ós inimigos que aparecían no seu paso e que agora contará cunha nova versión para a consola portátil de Sony.
O novo xogo chamarase Izuke! Gen-san no Xapón, e presenta uns remozados gráficos tridimensionais aínda que o xogo conservará o seu desenvolvemento en dúas dimensións. Amais, tamén contará cun modo cooperativo para 2 xogadores en rede e permitirá personalizar ó protagonista con distintos traxes.
Estímase que o seu lanzamento nipón se producirá esta primavera, aínda que haberá que agardar uns meses máis para velo en Europa.
Podemos lembrar o xogo orixinal no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE