Hollywood Monsters 2 xa está á venda

xoves, 16 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Tras máis de 2 meses de traballo nos estudos de dobraxe (con 18 actores dando vida aos personaxes do xogo), chega ás tendas Hollywood Monsters 2, un título que FX Interactive comercializa en España ao atractivo prezo de 19,95 euros e que, para dalo a coñecer, levou á compañía a permitir a descarga de balde do xogo Runaway, promoción que veñen de prolongar ata final de mes e que xa sumou máis de 10.000 de descargas.
Este excelente xogo tivo un desenvolvemento que involucrou a máis de 35 persoas durante ano e medio, dando lugar ao que podemos considerar como a obra mestra de Pendulo Studios que estrea trailer co gallo do seu lanzamento:

JPEG - 46.3 KB
O xogo destaca polo seu humor e por contar cuns excelentes gráficos tipo cartoon en alta definición

PUBLICIDADE