Horizon Forbidden West para PS4 poderá actualizarse de balde a PS5
luns, 6 de setembro do 2021
O
anuncio das distintas versións coas que chegarÃa ao mercado o xogo Horizon
Forbidden West anoxou aos xogadores de todo o mundo polo detalle de que
para poder conseguir unha versión para PlayStation 4 que puidese actualizarse a
PlayStation 5 houbese que pagar como mÃnimo 89,99 euros, mentres que a versión
para PS4, que custa 69,99 euros, non permitirÃa a actualización a PS5, pese a
que Sony manifestara o contrario.
Ante o malestar xerado, e o temor de que iso puidese prexudicar seriamente ás
vendas do xogo, por considerar os consumidores inaceptables este tipo de
prácticas comerciais, dende Sony decidiron rectificar, e anuncian que
finalmente os
usuarios que merquen Horizon Forbidden West para PlayStation 4 recibirán
de balde a actualización á versión para PlayStation 5.
Pero a cousa non queda aÃ, senón que o presidente e director executivo de Sony
Interactive Entertainment, Jim Ryan, confirmou que no futuro, os tÃtulos
exclusivos de PlayStation que sexan interxeneracionais, tanto en dixital como
en fÃsico ofrecerán a opción de actualización dixital de PS4 a PS5 por 10
euros, o que aplicarase ao vindeiro God of War e a Gran Turismo 7.
- O adiamento de Horizon Forbidden West provocou unha colisión coa nova polÃtica de actualizacións que vai aplicar Sony, e que por fin clarexan