Huawei anuncia o primeiro tablet de 7 polgadas con Android 3.2

luns, 20 de xuño do 2011 Marcus Fernández

O Huawei MediaPad anúnciase como o primeiro tablet de 7 polgadas co sistema operativo Android 3.2, que funciona cun procesador Qualcomm de dobre núcleo a 1,2 GHz e con soporte de Hispace (tecnoloxía na nube desenvolvida por Huawei Device). Este pequeno tablet ten un grosor de só 10,5 milímetros e un peso de 390 gramos, o que non lle impide reproducir vídeo en alta definición a 1.080p, contar con cámars de 1,3 e 5 Mpíxeles (con gravación de vídeo en alta definición) e facer uso de banda larga móbil de ata 14,4 Mbps.
Este dispositivo tamén conta con conectividade Wi-Fi N e saída HDMI, ten unha autonomía de máis de 6 horas, soporta Flash 10,3 e inclúe aplicacións preinstaladas como Facebook, Twitter e Documents to Go.
Dado que polo momento só anunciaron a versión con conectividade 3G, é de agardar que a súa distribución sexa a través de operadores de telefonía móbil (que poderían subvencionar o tablet de asocialo a tarifas de datos).


Vídeo de presentación do Huawei MediaPad

O Huawei MediaPad presume de ser o primeiro tablet con pantalla IPS de 7 polgadas en incorporar o Android 3.2