Hyper Olympic chega a Nintendo Switch
xoves, 12 de setembro do 2019
O clásico videoxogo de olimpÃadas Hyper Olympic, co
que Konami arrasou en salóns recreativos a partires de 1983, sorprendeu
chegando hoxe a Nintendo Switch baixo o tÃtulo de Arcade
Archives TRACK & FIELD, e cun prezo de 6,99 euros podemos recuperar
este tÃtulo que integraba os deportes de 100 metros lisos, salto de lonxitude,
lanzamento de xavelina, 110 metros valos, lanzamento de martelo e salto de
altura, aos que podemos xogar con sinxelas mecánicas de pulsacións rápidas de
botóns para conseguir velocidade, e pulsacións prolongadas para seleccionar
ángulos de lanzamento ou salto, no que moitos xogadores verán contra todo un
risco para a integridade fÃsica da súa consola.
Este xogo é un clásico, que deu lugar a toda unha serie con máis dunha ducia de
entregas que tenden a incluÃr no nome o tÃtulo da primeira secuela de Hyper
Olympic, Hyper Sports, co que Konami tamén conseguira moitÃsimo
éxito.
- O lanzamento de xavelina é un dos deportes incluÃdos en Hyper Olympic
VÃdeo no que podemos ver o clásico Hyper Olympics en acción