InFocus BigTouch, un novo ordenador todo-en-un cunha pantalla táctil de 55 polgadas
martes, 26 de marzo do 2013
Aproveitando as posibilidades táctiles de Windows 8, InFocus
presenta o seu novo equipo todo-en-un
BigTouch, que integra un ordenador completo nun monitor táctil de 55
polgadas Full HD capaz de detectar ata 5 puntos en pantalla, permitindo así o
seu uso colaborativo por parte de varias persoas á vez. Tamén inclúe un rato e
un teclado sen fíos, de xeito que temos un equipo con grandes posibilidades,
especialmente para demostracións comerciais e para usos educativos.
O InFocus
BitTouch soporta xestos táctiles en pantalla, inclúe 2 portos Gigabit
Ethernet, Wi-Fi, 2 portos HDMI, 6 portos USB e unidade SSD de 120 Gb, así como
un procesador Intel Core i5, polo que debería ter potencia dabondo para a
meirande parte das funcións. Terá un prezo de 4.999 dólares (3.884,47 euros) e
enviarase co software Mondopad, que achega numerosas funcións colaborativas
como videoconferencia, anotación dixital sobre documentos, encerado electrónico
interactivo, unha interface personalizable e Microsoft Office 2010.
Mondopad achega numerosas funcións colaborativas ás grandes pantallas táctiles