Infinity Blade estréase coma o mellor xogo para iOS

xoves, 9 de decembro do 2010 Marcus Fernández

O feito de que o motor gráfico Unreal Engine 3 fose portado por Epic a iOS permitía probar a potencia gráfica dos terminais de Apple, pero agora podemos levar tal experiencia máis aló dunha demo técnica pois vén de incorporarse na App Store por 4,99 euros o xogo Infinity Blade, que ten todas as bazas para converterse na insignia de Apple de cara a impresionar ao público coas posibilidades gráficas do iPhone 3GS/4, o iPad e o iPod Touch 3 (a partir de 16 Gb) e 4, que incluso aparece no anuncio televisivo do iPhone 4 por estar optimizado para a pantalla Retena do terminal.
Este xogo de loita con toques de RPG está a ser considerado pola prensa especializada coma o mellor título para iPhone (no que ao seu nivel técnico se refire), por permitir en dispositivos móbiles unhas prestacións propias de consolas de videoxogos domésticas, con imaxes magníficas, batallas impactantes, personaxes detallados e personalizados e escenarios tridimensionais, que serven para desenvolver unha historia na que temos que viaxar á Cidadela Escura para enfrontarse ao Rei Deus e aos seus Titáns para liberar ao seu pobo da súa tiranía. En futuras actualizacións o xogo incorporará unha nova área para conquistar, novas armas e inimigos e incluso a posibilidade de realizar partidas multi-xogador.


Trailer do novo xogo de Epic para iOS

PUBLICIDADE