Informativos Telecinco tira proveito da realidade aumentada e estendida
martes, 29 de outubro do 2024
Informativos Telecinco estreou a pasada noite unha peza informativa sobre as eleccións dos EE.U. ambientada en distintos escenarios recreados mediante simulación virtual dun xeito que nunca se viu antes nun informativo en España, mesturando imaxe real e virtual, dando un salto de calidade sobre todo o que puidemos ver até agora.
Hoxe mesmo publicarán outra peza na que Carlos Franganillo volverá facer alarde desta tecnoloxÃa de realidade aumentada e estendida de última xeración, afondado nas posibilidades audiovisuais deste tipo de recurso que está previsto que cada dÃa vexamos máis por resultar moi impactante e gráfico.
Na primeira peza puidemos ver como Franganillo se coou na sala na que en 1787 se celebrou a Convención de Filadelfia na que se redactou a Constitución dos EE.UU., achegouse a un pavillón deportivo para amosar como se fai un reconto de papeletas, e completou a información dende a tribuna do Capitolio na que os presidentes dos EE.UU. xuran o seu cargo.
Para facer isto realidade non só hai que recrear virtualmente os escenarios que se queren visitar, senón que tamén hai que contar cun sistema de cámaras avanzados, como a Spidercam e o resto de cámaras robotizadas que teñen no plató de Informativos Telecinco, que facilitan a integración de efectos que enriquecen o relato informativo con grande realismo e definición.