Instagram anuncia novos xeitos de explorar as publicacións

mércores, 23 de marzo do 2022 Marcus Fernández

O fluxo de publicacións en Instagram recolle actualmente fotografías e vídeos de xente á que seguimos, de publicacións suxeridas e algún elemento máis, pero agora anuncian dous xeitos máis de poder acceder a estes contidos elixindo se ver unicamente as publicacións das contas que seguimos, que veranse de xeito cronolóxico, ou incluso podendo optar por consultar unicamente as publicacións dos nosos favoritos (unha relación de até 50 contas que indiquemos). A selección destes novos modos de visualización das publicacións pode realizarse premendo sobre o logotipo de Instagram na parte superior esquerda da aplicación.
Adicionalmente as contas que marquemos como favoritas tamén gañarán peso no fluxo de publicacións xeral. Deste xeito a aplicación adaptarase mellor os gustos do usuario.

PUBLICIDADE