Intel lanza novos procesadores Xeon de cuádruplo núcleo para servidores
martes, 14 de agosto do 2007
Intel lanza novos procesadores Xeon de cuádruplo núcleo para servidores
Onte, luns 13, a empresa Intel engadiu dous
novos procesadores á súa serie Xeon, a máis rápida que a empresa ten até o día
de hoxe. Trátase dos modelos X5365 y L5335, os que, grazas ós seus catro núcleos
son quen de levar a cabo múltiples tarefas a unha gran velocidade, administrar
mellor a memoria operativa e axilizar as funcións mais complexas, como por
exemplo o rendering de
imaxes.
O X5365, que pode ser instalado tanto en servidores
coma nas denominadas workstations
(ordenadores de alto rendemento para traballo técnico), acada unha velocidade
de 3 ghz, e foi deseñado coa idea de mellorar o procesamento de datos e permitir
levar a cabo operacións de deseño e análises nun mesmo tempo. A alimentación do
mesmo é a estándar (a 120 vatios nos EE.UU) e ó igual cóL5335 incorpora un bus frontal cunha velocidade de 1333MHz.
O outro acabado de chegar, o L5335, recoméndase para servidores que
requiran un maior aforro de espazo e de enerxía. É un pouco máis lento có seu irmán,
chegando a unha velocidade de 2.0 GHz, pero cun baixo consumo de enerxía de tan
só 50 vatios, ou o que é o mesmo: 12.5 por procesador.
En canto os prezos, o X5365 roldaría os 1.172 dólares (uns 863 euros) mentres que o L5365 sería máis económico, xa que chega ao mercado cun prezo recomendado