Investigan a posible filtración de datos persoais de 120 mil empregados e clientes de Telefónica

martes, 28 de maio do 2024 Marcus Fernández

Nun foro sobre seguridade informática coméntase que unha intrusión informática podería ter afectado a Telefónica, comprometendo os datos de 120 mil usuarios. A información publicada indicaría que en marzo terían subtraído unha base de datos con 2.676.108 rexistros, nos que se incluiría o enderezo completo, os nomes completos, os enderezos de correo electrónico e os números de teléfono de 120 mil persoas, que corresponderían tanto a clientes como a empregados da compañía.
Esta información aínda non puido verificarse, e dende Telefónica aseguran estar a investigar a situación, polo que resulta complicado saber se realmente se produciu a intrusión informática mencionada ou se, pola contra, trátase da venda de datos roubados noutros momentos ou incluso noutras fontes, e a súa procedencia sería falsa para dar a entender que a información contida na base de datos está actualizada cando podería proceder de filtracións de anos atrás.