J-Stars Victory VS+ sae á venda para as consolas de Sony

venres, 26 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Para os afeccionados de series de animación xaponesas como One Piece, As Bolas Máxicas, Bleach, O Dr. Slump e Arale, Naruto, Los Caballeros del Zodíaco ou Kenshin, chega hoxe ás tendas J-Stars Victory VS+, un títulos de loita de 1 contra 1 ou 2 contra 2, que finalmente está ao alcance dos usuarios europeos de PlayStation 4, PlayStation 3 e PlayStation Vita.
Máis de 50 personaxes do manga e o anime enfróntanse neste xogo que xa saíu no Xapón hai un par de anos, e que por fin podemos gozar en Europa con algunhas novidades, especialmente na versión de PS4, que incluso conta cun exclusivo modo Arcade.
Este título chega para celebrar o 45º aniversario da revista Shonen JUMP e o 20º aniversario da revista V JUMP, auténticos referentes da banda deseñada e a animación no Xapón, que mesturan os seus personaxes nun xogo que permitirá visitar escenarios dos mundos das distintas franquías que recrea, de xeito que podemos revivir o combate entre Son Goku e Freezer, realizar as técnicas de Naruto, ver como Gachan axuda a Arale a derrotar aos seus inimigos ou comprobar se o Cabaleiro de Pegaso pode superar en combate ao guerreiro do espazo Vexeta. Toda unha sorte de combinacións que deixarán impresionados aos seareiros deste completo cadro de loitadores saídos do manga.

No xogo podemos ver como se mesturan personaxes de distintas series de manga e anime no mesmo escenario para enfrontarse en combate


Vídeo promocional do novo xogo de Bandai Namco

PUBLICIDADE