Jedi Starfighter destaca entre os Xogos con Gold de novembro

mércores, 30 de outubro do 2019 Marcus Fernández

A relación de Xogos con Gold do mes de novembro parece ir na liña dos últimos meses, con xogos para Xbox One pouco relevantes, acompañados por xogos de consolas de anteriores xeracións moito máis interesantes. Temos así que ao longo de novembro os subscritores de Xbox LIVE Gold poden recibir sen cargo adicional o xogo de Xbox One Sherlock Holmes: The Devil’s Daughter (título de hai máis de 3 anos que non conseguiu destacar no catálogo de Xbox One) e The Final Station (xogo independente que podemos considerar un grande descoñecido).
Pero cando botamos a mirada aos xogos accesibles a través da retrocompatiblidade atopamos toda unha xoia: Star Wars: Jedi Starfighter, un dos xogos de voo baseados en Star Wars, que bebe de clásicos como X-Wing ou Rogue Squadron, e que pese a terse lanzado nos temos da Xbox orixinal, agora podemos xogalo en consolas modernas. O outro xogo de anteriores xeracións de novembro sería Joy Ride Turbo, un arcade de carreiras que aproveita o traballo feito en Kinect Joy Ride para crear un xogo apto para quen non teña o sensor de movemento na súa consola, e que destaca por contar cun modo local a pantalla partida para 4 xogadores, grande reclamo para recuperar este título de Xbox 360.

O modo para 4 xogadores a pantalla partida de Joy Ride Turbo convida a xogar en familia ou cos amigos

PUBLICIDADE