Jetpack Joyride chega ás consolas de Sony
mércores, 21 de novembro do 2012
Coa actualización da PlayStation Store desta tarde chega ao
catálogo de xogos descargable o grande éxito de Halfbrick Studios para
dispositivos móbiles, Jetpack Joyride,
divertido xogo que entre Google
Play e a App
Store superou os 35 millóns de descargas e agora poderá mercarse por 3,99
euros para poder gozar do mesmo en PSP, PS3 e PS Vita.
O xogo colócanos na pel de Barry Steakfries, un vendedor de gramófonos que
descubriu un laboratorio segredo e que deberá fuxir do mesmo propulsado por un jetpack mentres esquiva raios láser,
mÃsiles e mandos a distancia eléctricos. No camiño tamén poderá facer uso de
vehÃculos de proba un tanto ridÃculos (coma unha avioneta con forma de paxaro
que debe mover as ás para manterse no aire) e deberá recoller moedas, que serán
decisivas para prograsar no xogo equipando ao protagonista con novos jetpacks e
accesorios, o que contribuirá a superar os 34 logros incluÃdos en Jetpack Joyride.
Trailer de Jetpack Joyride para PSP, PS3 e PS Vita