Jetpack Joyride estrea versión para Windows Phone 8

mércores, 5 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Tras o éxito de Fruit Ninja os estudios Halkbrick lanzaron Jetpack Joyride, xogo para iOS que conseguiu liderar as vendas na App Store cando o seu prezo era de 0,79 euros, o que non impediu que respondese á tendencia actual de mudar a un modelo de negocio Free-to-Play en case todas as súas plataformas, fórmula que conserva na súa estrea para Windows Phone 8, de xeito que os usuarios de móbiles co último sistema operativo móbil de Microsoft xa poden descargar de balde este título que consiste en, mediante simples pulsacións sobre a pantalla, acender un propulsor mentres corremos por un laboratorio segredo recollendo moedas e esquivando numerosas trampas mortais.
O xogo tamén está dispoñible para iOS, Android, BlackBerry, Facebook, Windows 8 e PlayStation Network.

Jetpack Joyride estreouse hoxe para Windows Phone 8

PUBLICIDADE