Kick-Ass terá xogo para PlayStation Network e iPhone

martes, 23 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

A película baseada no cómic de Mark Millar e John Romita Jr., Kick-Ass, que estrearase internacionalmente en abril (aínda que segundo parece, a España non chegará ata o 4 de xuño) e virá acompañada dun videoxogo para a PlayStation Network e para o iPhone, de xeito que, ao estar ante un título descargable, partimos dun nivel técnico e de calidade que non deberían decepcionar ao público coma acontece coa meirande parte de títulos baseados en películas.
O xogo de Kick-Ass debería chegar ao mercado o 15 de abril (aínda que descoñecemos se o demorarán en España para axustalo á estrea da película) e trátase dun xogo de acción tridimensional no que podemos elixir entre 3 personaxes xogables (Kick-Ass, Hit Girl e Big Daddy) que moveranse por distintos contornos neoiorquinos nos que derrotar a distintos delincuentes actuando coma super-heroes (pese a que carecen de poderes reais), aderezando a misión principal con tramas secundarias e minixogos. Tamén contarán cun modo cooperativo local para 2 xogadores.

PUBLICIDADE