Kingdom Hearts HD 1.5 ReMIX chegará a Europa no outono

luns, 25 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Square Enix anuncia hoxe que no outono chegará a Europa en exclusiva para PlayStation 3 o xogo Kingdom Hearts HD 1.5 ReMIX, unha remasterización en alta definición do Kingdom Hearts que chegará para PlayStation 2 en marzo de 2002 e que agora poderán gozar os que non tiveron a fortuna de probalo no seu día. O xogo naceu froito da colaboración entre Square Enix e Disney, dando lugar a un RPG de acción no que séguese a historia dun mozo de 14 ahos, Sora, que deberá loitar contra unha sombra inimiga armado da espada Keyblade e coa axuda do pato Donald e Goofy, que formarán equipo para liberar ao mundo da escuridade.
A revisión do xogo será máis completa que a que chegou a Europa no seu día, pois toma como base a edición Final MIX editada no Xapón, que incluída novas armas, novos inimigos, novas habilidades, novas escenas, novas misións e unha nova película secreta. Para rematar a faena, inclúese tamén o Kingdom Hearts Re: Chains of Memories, unha continuación do xogo que tampouco chegou a Europa. Todo isto, con gráficos en alta definición e con audio mellorado.

JPEG - 100.5 KB
Donald e Goofy acompañan a Sora nas súas aventuras

PUBLICIDADE