Kingdom Hearts III chega ás tendas

martes, 29 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Dende os tempos da PlayStation 2 temos unha serie de xogos de grandísimo éxito que sorprendentemente conta con moi poucas entregas principais, de xeito que tivemos que agardar preto de 17 anos para chegar ao terceiro grande episodio de Kingdom Hearts, título que é o 8º da saga, e que hoxe sae á venda en versións para Xbox One e PlayStation 4.

Kingdom Hearts III é unha historia de amizada na que Sora e os seus amigos Donald e Goofy se embarcan nunha perigosa aventura na que visitarán mundos de Disney e Pixar para evitar que unha forza maligna invada todo o universo. Como novidades desta entrega teremos os mundos de Monstruos S.A., Toy Story, Enredados, Frozen, Piratas del Caribe, Big Hero 6 e algún máis.

O xogo tamén mellora o seu sistema de combate, ofrecendo unha acción máis trepidante, no que sen dúbida é a entrega máis ambiciosa desta saga.
O xogo sae á venda a 69,99 euros en formato dixital, mentres que en formato físico é relativamente doado atopar copias por uns 10 euros menos. Tamén está á venda unha edición de luxo por 89,99 euros que inclúe un pin exclusivo, unha caixa metálica e un libro de ilustracións en tapa dura.

En Kingdom Hearts III temos a personaxes das últimas producións de Disney e Pixar

Tráiler do xogo con subtítulos

PUBLICIDADE