Knights of the Old Republic chega por primeira vez a Android

martes, 23 de decembro do 2014 Marcus Fernández

A franquía de Star Wars deu algúns grandes videoxogos ao longo do tempo, e mentres uns prefiren lembrar con admiración os simuladores de naves especiais da saga X-Wing, outros prefiren destacar os xogos de rol que permitíannos encarnar o papel dun cabaleiro jedi participando en múltiples batallas mentres progresabamos no uso da Forza, e para estes últimos chega agora o claro referente a Android: Knights of the Old Republic. Este clásico pode por fin mercarse a través de Google Play a un prezo promocional de 4,08 euros, destacando polo feito de que para levar este título a smartphones e tabletas non foi preciso recortarlle elementos (estamos ante unha descarga de 2,4 GB), polo que ofrece unha experiencia completa.
En Cabaleiros da Antiga República a acción sitúase 4.000 anos do Imperio Galáctico, con centos de cabaleiros Jedi caídos en combate contra os Sith, o que levará ao protagonista a participar nas contendas, podendo avanzar como heroe ou ceder ao lado escuro da Forza (poderanse aprender máis de 40 poderes distintos). O xogo conta con numerosas localizacións icónicas (como Tatooine e Kashyyyk), personaxes moi personalizables, oito mundos polos que moverse e a posibilidade de construír a nosa propia espada de luz.

No xogo poderemos empregar distintos ataques empregando a Forza, e que poderán facernos caer no lado escuro

PUBLICIDADE