LEGO Batman 3 chegará ás tendas o 12 de novembro

martes, 26 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Warner Bros. Interactive Entertainment anunciou hoxe a data de lanzamento oficial do xogo LEGO Batman 3: Más Allá de Gotham, que finalmente veremos nas tendas europeas o 12 de novembro nas súas versións para Xbox One, Xbox 360, PlayStation 4, PlayStation 3, Wii U, Nintendo 3DS, PlayStation Vita e PC.
O novo xogo segue os pasos da anterior entrega de LEGO Batman, co gardián de Gotham unindo forzas con outros superheroes de DC para loitar contra o mal. Desta volta é Brainiac o malvado que ameza con destruír o planeta Terra, e para evitar que cumpra cos seus plans non chegará con que os bos entren en acción, senón que tamén deberán recrutar aos viláns para recoller aneis de lanterna por distintos planetas e así poder deter a Brainiac antes de que sexa demasiado tarde.
Estamos ante o xogo máis ambicioso de LEGO até o momento, con máis de 150 personaxes xogables, que van dende os membros da Justice League até a aparición estelar de Adam West (actor que encarnaba a Batman na serie televisiva de 1966).


Último trailer do xogo de Traveller’s Tale baseado en LEGO Batman

PUBLICIDADE