LEGO Indiana Jones 2 incluirá editor de niveis

venres, 16 de outubro do 2009 Marcus Fernández

O vindeiro 20 de novembro chegará ás tendas españolas o xogo LEGO Indiana Jones 2 nas súas versións de PC, Xbox 360, PlayStation 3, Wii, PSP e Nintendo DS, que sorprende porque non vai limitarse a ser unha secuela ao uso, senón que vai destacar por incluír grandes innovacións como a posibilidade de que poidan xogar 2 usuarios en modo cooperativo a pantalla partida (o que dá unha maior liberdade de movementos) e inclúe a posibilidade de que os usuarios constrúan o seu propio modo de aventura, o que sería coma replicar o tradicional xogo con pezas de LEGO ao ordenador, chegando máis aló do que permite un xogo coma LittleBigPlanet (pois este título permitirá incluso situar escenas entre as distintas fases, creando unha experiencia de xogo máis completa).
Como adianto, xa temos un trailer en español do xogo:

PUBLICIDADE