LEGO Piratas del Caribe chegará antes para as consolas de Nintendo
xoves, 28 de abril do 2011
A
xente de TT Games está a preparar o xogo LEGO
Piratas del Caribe: El videojuego, que chegará ás tendas españolas no mes
de maio e que recupera a popular franquÃa cinematográfica protagonizada polo
pirata Jack Sparrow co humor e a estética propia dos xogos inspirados por
figuras de LEGO. Neste xogo aparecerán escenarios das 4 pelÃculas da saga, e
tamén moitos dos seus personaxes (dos que máis 70 serán xogables), aÃnda que
unha das cousas máis rechamantes deste tÃtulo será que as súas versións para
consolas de Nintendo (DS, 3DS e Wii) chegarán o 11 de maio, 9 dÃas antes
que as versións de PC, PlayStation 3 e PSP, cando habitualmente as plataformas grandes tiñan prioridade na
distribución.
Cómpre destacar que a versión para Nintendo 3DS será a que achegue un aspecto
máis real do xogo, dando a impresión de que estamos a xogar con pezas de LEGO de verdade.
Para facernos unha idea do que será este novo xogo, nada mellor que botar unha
ollada ao seu divertido trailer:
- O xogo será tan divertido como outros tÃtulos de LEGO desenvolvidos por TT Games