LEGO Star Wars: El Despertar de la Fuerza sae á venda
martes, 28 de xuño do 2016
Dado o nivel de seguridade co que se xestou o filme Star Wars: El Despertar de la Fuerza,
resultaba evidente que non podÃa desenvolverse un videoxogo sobre a mesma, xa
que poderÃa ter provocado numerosas filtracións sobre a produción principal,
pero os seareiros da produción cinematográfica si van poder revila de xeito
interactivo cunha aparencia máis divertida, xa que hoxe sae á venda LEGO Star Wars: El Despertar de la Fuerza,
xogo de TT Games que podemos adquirir en versións para Xbox
360, Xbox
One, PlayStation
3, PlayStation
4, PS
Vita, Wii
U, Nintendo
3DS e PC.
Este novo xogo permitiranos xogar con todos os personaxes da pelÃcula
(incluÃdos Rey, Finn, Poe Dameron, Han Solo, Chewbacca, C-3PO, BB-8, Kylo Ren,
o xeneral Hux e a capitana Phasma) e introduce novas funcionalidades con
respecto aos anteriores tÃtulos de LEGO
Star Wars como o sistema de multi-construcións no que os xogadores poden escoller
entre varias opcións para crear algo para progresar no xogo, ou as emocionantes
batallas de bláster.
O xogo tamén conta cun pase de tempada que pode adquirirse dentro da edición de
luxo do xogo ou por separado, e que inclúe tres lotes de niveis (co regreso de
Poe á base da Resistencia dende Jakku, o ataque a Takodana na pel de Kylo Ren e
a caÃda da Base Starkiller encarnando aos pilotos da Resistencia), asà como un
pack de personaxes Jedi e lotes con máis personaxes de Star Wars alleos ao
filme en cuestión.
Tráiler do xogo