LG levará ao CES o seu primeiro televisor QNED Mini LED

martes, 29 de decembro do 2020 Marcus Fernández

Para LG é habitual adiantar as novidades que vai levar á feira CES de Las Vegas, que este ano será virtual, e para ir abrindo boca dan conta dun produto de electrónica de consumo que deixará pegada: o primeiro televisor QNED Mini LED de LG.
Estes novos televisores aproveitan as tecnoloxías NanoCell e quantum dot e mesturándoas con iluminación Mini MED consegue uns niveis de brillo e contraste moi superiores aos dos televisores LCD convencionais. Deste xeito temos unha tecnoloxía alternativa ao OLED (na que cada píxel é independente) grazas á incorporación duns 30.000 pequenos LED para retroiluminar a pantalla conseguindo unha relación de contraste 1.000.000:1 e preto de 2.500 zonas de iluminación, conseguindo así un excelente efecto HDR.
Este tecnoloxía chega principalmente para televisores de grande formato, de xeito que o tamaño de referencia serían as 86 polgadas, o que pode parecer moi grande, pero realmente é o contrario, xa que o reto do Mini LED consiste en reducir ao máximo o tamaño dos elementos que retroiluminan o panel, entendéndose esta tecnoloxía como de transición cara ao Micro LED (que aínda é unha tecnoloxía pouco madura e extremadamente cara).

PUBLICIDADE