LG presenta os primeiros monitores con VESA AdaptiveSync
luns, 23 de maio do 2022
LG presentou un par de monitores (modelo 27GP950 e 27GP850)
que presumen de ser os
primeiros do mercado en acadar a certificación VESA AdaptiveSync, que axuda
aos consumidores a identificación e comparación o desempeño da relación de
refresco variable (VRR) baixo o protocolo Adaptive-Sync de VESA.
Os monitores con esta certificación son monitores para xogar que superan máis
de 50 probas moi esixentes para garantir un bo funcionamento da tecnoloxía VRR,
unha alta taxa de refresco, unha resposta rápida e unha baixa latencia.
O monitores LG UltraGear 27GP950 e 27GP850 contan con pantalla de 27 polgadas
con tecnoloxía LG Nano IPS cunha elevada velocidade de refresco e unha resposta
GTG de 1 milisegundo, garantindo unha experiencia de xogo fluída e unhas imaxes
nítidas se contactamos estas pantallas a ordenadores persoas ou a consolas de
videoxogos.