LG presenta un televisor OLED de 55 polgadas e só 4 milímetros de grosor

mércores, 23 de maio do 2012 Marcus Fernández

O novo televisor de LG destaca polos seus 4 milímetros de grosor

LG presentou hoxe na Salle des Etoiles (Mónaco) o seu novo televisor OLED de 55 polgadas que inicia unha nova era en calidade de imaxe e deseño, que conta cunha tecnoloxía OLED que ofrece píxeles de 4 cores (WRGB) e un perfeccionador cromático (creando cores máis consistentes, naturais e precisas), pode operar tanto en 2D como en 3D, ten unha taxa de refresco de só 0,02 milisegundos (permitindo que as imaxes en movemento non deixen estelas) e destaca especialmente pola súa estética, que grazas á tecnoloxía do seu panel (que non precisa de retroiluminación) permite que a pantalla teña un grosor de só 4 milímetros. Tamén é lixeiro, polo que podería pendurarse dunha parede dun xeito discreto coma se fose un cadro.
Este televisor chegará ao mercado europeo na segunda metade do ano a un prezo que podería estar preto dos 9.000 euros, e para aproveitar as súas características 3D permite o acceso a contidos premium repartidos entre as máis de 1.200 aplicacións de Smart TV e na canle 3D World de LG. Tamén é posible achegar contidos ao televisor dende portátiles, móbiles, tablets e memorias externas grazas á funcionalidade Smart Share Plus.

info portfolio

PUBLICIDADE