LG segue a apostar polos asistentes persoais e a intelixencia artificial nos seus televisores
xoves, 3 de xaneiro do 2019
De
cara ao CES de Las Vegas LG está a anunciar toda unha nova
serie de televisores con ThinQ AI, que funcionarán coa segunda xeración dos
procesador α, aproveitando a intelixencia artificial e algoritmos de deep learning para conseguir unha maior
calidade de imaxe e son.
Estes produtos de LG xa levan tempo integrando o Asistente de Google e, como
novidade, permitirán tamén facer uso do asistente Alexa de Amazon, de xeito que
cada usuario poderÃa elixir a solución máis axeitada para a súa situación
(principalmente de cara ao control domótico).
A segunda xeración do procesador α9 integrarase nos televisores OLED Z9, W9, E9
e C9, que presentarán unha calidade de imaxe asombrosa, e que chegarán a un
nivel extremo no caso do Z9 de 88 polgadas, que terá un panel 8K, presentando
unhas imaxes nÃtidas e moi vivas grazas a tecnoloxÃas de sobreescalado e
redución de ruÃdo. O procesador α9 de segunda xeración tamén axudará ao procesado
do HDR, que adaptarase ás variacións da luz ambiental para achegar unha mellor
experiencia de visualización. No que a son se refire, o procesador contribuirá
a crear un son envolvente virtual 5.1
bastante convincente, á vez que tamén procurará que durante os informativos,
series e pelÃculas as voces poidan escoitarse máis claras.
Outra familia de televisores que funcionarÃan co procesador α9 de segunda xeración
serÃan os novos NanoCell TV, que inclúen novas tecnoloxÃas de mellora de imaxe para
mellorar as cores e o ángulo de visión, á vez que consegue uns marcos
ultrafinos.
Os novos televisores OLED de LG e algúns dos televisores NanoCell contarán con portos
HDMI 2.1 e serán conpatibles con HFR, ou sexa, que poderán manexar animacións a
120 imaxes por segundo, conseguindo asà que os contidos de moita acción e
deportivos poidan verse moito máis claros (algo que tamén agradecen os gamers).