La Caixa adapta a súa web móbil ó iPhone

mércores, 5 de marzo do 2008 Marcus Fernández

La Caixa convértese na primeira entedade bancaria en dispor dun portal personalizado para o iPhone e o iPod touch de Apple, permitindo o acceso tanto á banca electrónica como ó servizo de venda de entradas a máis de 5.000 eventos de cine, teatro, música e deportes.

A nova web móbil para o iPhone permite adquirir entradas a multitude de eventos

Con esta nova prestación móbil de La Caixa podería comezar a febre de adaptación de páxinas web ó iPhone como tamén aconteceu nos EE.UU., aínda que todo dependerá do éxito que teñan o terminal de Apple cando comece a comercializarse en España.

PUBLICIDADE