La Momia 3 terá xogo para PS2, DS e Wii

venres, 9 de maio do 2008 Marcus Fernández

Coincidindo coa chegada ás grandes pantallas da nova película da saga de La Momia chegará á PlayStation 2, Nintendo DS e Wii o xogo La Momia: La Maldición del Dragón, que nos permitirá meternos na pel de Rick O’Connell (Brendan Fraser na película) e o seu fillo Alex (Luke Ford) percorrendo China ou o Himalaia para rematar enfrontándonos co Emperador Dragón (papel interpretado na película por Jet Li).
O xogo de acción en terceira persoa pode lembrarnos ás distintas entregas de Tomb Raider (pois consiste en combates, disparos e plataformas) e resulta unha interesante achega a esta franquicia nacida en 1999 e que parece gozar de moi boa saúde.
Haberá que agardar a agosto para poder adquirir este xogo en España, así como para ver a película de Universal Pictures.

PUBLICIDADE