La Sexta estrea un servizo de vÃdeo á carta a través da Internet
venres, 30 de maio do 2008- MiSextaTV permite acceder á carta aos programas da canle televisiva
As televisións
españolas están a apostar con forza pola Rede para non perder posicións, e
despois de que TVE renovase a súa web, La Sexta non quere quedar atrás, e reforza
a súa presenza na Rede coa creación dunha web de contidos á carta, miSextaTV, que permitirá acceder a
través da web aos seus programas completos ou por seccións, presentando unha
boa calidade de imaxe (ao que chaman alta
definición aÃnda que se trate de 480 liñas en progresivo, o que supera á
media das emisión pola Internet).
Nas últimas semanas xa estrearan páxinas web de varios dos seus programas (Sé lo que hicisteis, Buenafuente, CQC e El Intermedio),
continúan a manter a súa canle informativa laSexta|Noticias, e mesmo contan cun widget
para levar os seus contidos ao escritorio dos usuarios.
- A presentación de miSextaTV vista por César Calderón
Pero o que poderÃa
resultar máis destacable é que a canle televisiva non dará as costas á Rede
noutros ámbitos, e á presentación de miSextaTV acudiron varios blogueiros que
destacaron o papel de La Sexta na web, aÃnda que César Calderón aproveitou a
ocasión para pedir que se respectaran as licenzas dos contidos emitidos,
pois criticou que na actualidade moitas televisións están a coller contidos de
blogs e YouTube sen referirse ao autor dos mesmos, ao que Antonio GarcÃa
Ferreras, director xeral de La Sexta respondeu que «La Sexta
será a primeira televisión que citará aos blogueiros coma fonte».
Agardemos que todos estes novos servizos se completen cunha mellora das
infraestruturas que soportan ás webs de La Sexta, pois o seu acceso é
normalmente lento e cheo de incidencias, sendo habitual que a web estea caÃda
moitas horas, o que poderÃa empeorar ao mellorar a oferta de contidos na mesma.