Lara Croft: Relic Run, dispoñible en España

luns, 25 de maio do 2015 Marcus Fernández

Hai uns meses Crystal Dynamics e Square Enix estreaban en probas nos Países Baixos o xogo Lara Croft: Relic Run, un xogo free-to-play no máis puro estilo do célebre Temple Run pero ambientado na franquía de Tomb Raider, que aparte da protagonista correndo tamén conta con vehículos e outros retos que converten en moi recomendable a proba a este título que xa podemos descargar de balde dende España en versións para iOS, Android e Windows Phone.
Neste xogo poderemos correr, conducir e incluso mergullarnos en fermosos e desafiantes escenarios históricos cheos de segredos e perigos, nos que tamén haberá que participar en enfrontamentos finais nos que non faltará o infame T-Rex. Un título baixo o selo de Lara Croft que fuxe das complicacións doutros xogos móbiles de Tomb Raider ao optar pola acción directa en vez de seguir a senda da aventura.

PUBLICIDADE