Lara Croft protagoniza un novo runner para móbiles

luns, 13 de abril do 2015 Marcus Fernández

A franquía de xogos de Tomb Raider leva tempo empregando o nome da súa protagonista, Lara Croft, como marca para videoxogos fóra da súa saga principal, desenvolvidos cuns recursos moi inferiores e cunha vocación de chegar a un público máis ocasional (como os usuarios de dispositivos móbiles) e nesta liña Crystal Dynamics e Square Enix anuncian que están a traballar en Lara Croft: Relic Run, un runner con elementos acrobáticos, vehículos e combates con xefes finais que hoxe mesmo iniciou a súa distribución nos Países Baixos nas súas versións para iOS e Android, o que servirá para optimizar este título free-to-play antes do seu lanzamento definitivo, no que tamén contarase con versión do xogo para Windows Phone 8.
Non parece que a chegada a España de Relic Run vaia ser inminente, xa que falan de que a estrea global producirase “nos vindeiros meses”, dando a impresión de que queren escalar debidamente os servidores en liña que o xestionarán, á vez que procurarán equilibrar o título para conseguir adaptalo aos gustos do usuario (algo que resulta bastante complicado no casos dos xogos que seguen o mesmo modelo de negocio).

O xogo semella unha versión evolucionada do clásico Temple Run

PUBLICIDADE