Left 4 Dead 2 estrea demo para Xbox 360

martes, 3 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios Gold de Xbox LIVE poden descargar dende hoxe os 1,69 Gb da versión de demostración do agardado xogo Left 4 Dead 2, que chegará ao mercado o 17 de novembro, de xeito que poderán probar de primeira man a campaña The Parish.
Coa demo do xogo podemos botar unha ollada a moitos dos detalles incluídos dende a primeira entrega da saga, coma son as novas armas para o corpo a corpo, novos inimigos, un novo motor para a intelixencia artificial e un escenario completamente diferente, pasando das escuras instancias de Left 4 Dead a Nova Orleans, que pode verse a pleno día, o que lembra lixeiramente ao acontecido co Resident Evil 5 (xogo diurno en contraste cos seus predecesores da franquía de Capcom).
Left 4 Dead 2 está protagonizado por 4 novos superviventes que recorren a rexión suroriental dos EE.UU., dende Savannah (Georgia) ata o barrio francés de Nova Orleans. Aparte de para Xbox 360, este título tamén terán sendas entregas para PC e PlayStation 3.

PUBLICIDADE