Left 4 Dead estrea Pack de supervivencia
martes, 21 de abril do 2009
O xogo Left 4 Dead vén de recibir de balde unha
actualización en forma de Pack
de supervivencia nas súas versións de Xbox 360 e PC (aÃnda que a
primeira
chegou cunhas horas de antelación) de xeito que os usuarios que
descarguen esta expansión poderán gozar dun novo modo de xogo chamado Supervivencia, asà coma 2 novas campañas
do modo competitivo (Versus) do xogo.
Loxicamente os únicos usuarios de Xbox 360 que poderán descargar
este contido son os que teñan contas Gold, xa que a ampliación está destinada ao xogo en rede (vetado
para os usuarios Silver).
É de agradecer que o xogo que xunto con Dead
Space foi considerado como unha das mellores sorpresas de segunda metade de
2008 goce de ampliacións de balde, nun momento no que os contidos de pago están
a proliferar de xeito alarmante.