Left 4 Dead para PC será de balde durante 24 horas

xoves, 30 de abril do 2009 Marcus Fernández

A xente de Valve quere atraer a máis xogadores ao seu magnífico Left 4 Dead, e por iso durante a xornada de mañá (exactamente a partir das 00:01 horas GMT) a versión para PC este xogo poderá descargarse e xogarse en liña de balde a través da plataforma Steam, aínda que tras as 24 horas da promoción bloquearase e será preciso pagar os 29,99 euros que vale este título en descarga.
Dado que o xogo está orientado a modos multixogador, esta oferta resulta sumamente atractiva, pois a xente que aínda non se achegou ao que moitos consideran coma o mellor xogo en rede de 2008, poderá así participar xunto con 4 amigos nas campañas mata-zombies que teñen lugar ao longo de 20 mapas que compoñen o xogo.
Este título conta con varios modos de xogo: individual, cooperativo e multixogador. E incluso existe un curioso modo Versus no que catro usuarios manexarán aos protagonistas, e outros catro poderán meterse no corpo dos zombies que os atacan, asegurando moita diversión nunha aventura na que o argumento é o menos e a diversión en grupo é a chave do seu éxito.

PUBLICIDADE