Lips estreará secuela no outono

xoves, 28 de maio do 2009 Marcus Fernández

Tras o impresionante éxito de vendas do xogo Lips para a Xbox 360, Microsoft anuncia o lanzamento de Lips: Number One Hits, título que pretende continuar os pasos do seu predecesor e que incorporará temas coma Viva La Vida de Coldplay, Disturbia de Rihanna, U Can’t Touch This de MC Hammer, More Than Words de Extreme, Apologize de OneRepublic, Karma Chameleon de Culture Club, I Heart It Throught the Grapevine de Marvin Gaye, Oh, Pretty Woman de Roy Orbison e Ready, Set, Go! de Tokyo Hotel, que presumiblemente estarían presentes en todas as versións internacionais do xogo, aínda que logo cada país conta cunha versión adaptada aos gustos locais.

MC Hammer é un dos artistas incluídos no catálogo musical do novo Lips

Por fortuna, no presente ano os micrófonos de Lips comezaron a ser compatibles con xogos coma o Guitar Hero: Metallica (e, en breve, tamén co Rock Band 2) polo que a compra deste título con micrófonos resulta altamente atractiva (por mellorar a experiencia de varios xogos musicais, aínda que sexa só polo detalle de que estes micrófonos sexan sen fíos).
O novo xogo contará basicamente coas mesmas funcionalidades, pero cun catálogo de cancións moi traballado, pero podería garantir as súas vendas cando chegue ao mercado o vindeiro mes de outubro.

Anuncio europeo do novo Lips: Number One Hits

PUBLICIDADE