LittleBigPlanet será a aposta de Sony para mellorar as vendas da PS3

luns, 1 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Dende Sony están convencidos de que o xogo de plataformas LittleBigPlanet vai ser un auténtico vende-consolas, e para deixar claro iso, dende a tenda electrónica da FNAC en Francia xa presentan o que será o pack da PlayStation 3 co devandito xogo que se venderá a partir do 5 de novembro.
O paquete incluirá a consola, un mando sen fíos Dualshock 3, 1 disco duro de 80 Gb, un cable Ethernet, 1 cable USB, 1 cable de vídeo e unha copia de LittleBigPlanet por 399,99 euros, que é o que custa actualmente tal versión da PS3 sen incluír o xogo, polo que se podería considerar unha boa oferta (posto que os xogos para PS3 tenden a custar 69,95 euros ao seu lanzamento).
É de agardar que o mesmo pack tamén chegue ás tendas españolas polo mesmo prezo, o que sería un lanzamento moi atractivo de cara ao Nadal, podendo así achegarse Sony a un tipo de público máis propio de Nintendo, que podería ser o pulo que precisa a PS3 para consolidarse no mercado.
Por outra banda, parece que a data de chegada de LittleBigPlanet ás tendas (sen enpaquetar) podería ser para o 30 de outubro.


Novo trailer de LittleBigPlanet

PUBLICIDADE