LiveStation permite recibir no ordenador centos de canles de televisión

luns, 1 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Ante os problemas de acceso a Zattoo coma opción baseada na Internet para ver a televisión dende o ordenador, servizos alternativos coma LiveStation gañan popularidade e, aínda que non conten cunha oferta tan ampla de canles españolas (entre as que está a CNN, Antena 3 Noticias, Antena 3 Internacional, Telecinco ou Euronews), como vantaxe incorporan unha oferta de canles internacionais impresionante (con máis de 700 canles para elixir).
LiveStation está dispoñible tanto para Windows como para Mac OS X (aínda que só para equipos con procesador Intel), e funciona apoiándose en tecnoloxía P2P desenvolvida inicialmente por Microsoft Research, converténdose na primeira aplicación en funcionar sobre a Live Delivery Network, que é unha arquitectura de distribución P2P orientada a usos profesionais. Desta o feito de que a plataforma de LiveStation sexa independente do tipo de compresión de audio e vídeo empregada, o que lle dá unha flexibilidade destacable.

PUBLICIDADE