Logitech lanza un novo rato con superficie táctil
mércores, 8 de febreiro do 2012
O control táctil nos ratos informáticos está a ter unha boa
acollida e para competir co Magic Mouse de Apple e o Touch Mouse de Microsoft,
chega agora o Logitech
Touch Mouse M600, que por un prezo de 69,99 euros ofrece una sensación de
uso natural, un desprazamento natural polas pantallas do noso ordenador coma se
estivésemos a manexar un smartphone,
un tacto agradable e unha estética coidada.
O novo rato inclúe un receptor Unifying de Logitech (que opera na banda dos 2,4
GHz) co que poden conectarse varios dispositivos da compañía ata un total de 6
ratos e teclados, evitando ter que sacrificar varios portos USB. O receptor
pode agocharse no interior do rato durante o seu transporte.
Sorprende pola opción de funcionar con 1 ou 2 pilas AA (polo que podemos elixir
entre unha grande autonomía ou un peso reducido) e cómpre destacar que este
rato, como acontece co de Microsoft, só opera baixo Windows 7.
- O Logitech Touch Mouse M600 goza dunha boa ergonomía