Logitech lanza un novo rato vertical
martes, 19 de abril do 2022
Tras o éxito do rato MX Vertical, Logitech retoma este
formato ergonómico co novo novo Logitech
Lift, un rato vertical pensado para mans pequenas e medianas, que sae á
venda por 81,99 euros en cor grafito, branco ou rosa e tamén en versión para a usar
coa man dereita ou coa esquerda.
O Lift Vertical Ergonomic Mouse é un produto que busca que as longas sesións de
traballo non provoquen problemas nas mans ao permitir unha posición natural das
mesmas durante o uso do rato. Tamén conta cun espazo para repousar o dedo
polgar, conseguindo asà un uso descansado do rato, sen que sexa preciso
levantar nin un dedo nunha sesión de traballo.
Este novo rato vertical conta con roda de desprazamento, permite personalizar
os seus 4 botóns a través da aplicación Logi Options+ e incluso pode empregarse
con 3 dispositivos alternativamente (sendo posible mover arquivos entre eles
grazas á tecnoloxÃa Logitech Flow).
O Logitech Lift comunÃcase tanto por Bluetooth como mediante un receptor USB
incluÃdo (recomendado para espazos con moitos dispositivos sen fÃos) e cunha
baterÃa AA pode funcionar até 2 anos.
VÃdeo promocional do novo rato vertical de Logitech