Lollipop Chainsaw chegará ás tendas o 15 de xuño

martes, 6 de marzo do 2012 Marcus Fernández

A nova creación de Grasshopper Manufacture para PlayStation 3 e Xbox 360 editado por Warner Bros. Interactive, Lollipop Chainsaw, xa ten data de saída para Europa, que será o 15 de xuño, 3 días despois do lanzamento norteamericano. O xogo espera ser capaz de captar a atención do público grazas á súa suma de contrastes, pois estamos ante un título de extrema violencia na que unha animadora adolescente armada cunha serra mecánica enfrontarase a todo un exército de mortos viventes.
Para non competir con títulos como Dead Rising 2, Resident Evil ou Left 4 Dead, esta nova obra de Suda 51 aposta por unha estética pop, de xeito que veremos moitas cores rechamantes e incluso escintilacións en vez de cachóns de sangue; conceptos arriscados que poden achegar certo carisma a este títulos no que parece que o humor e a acción frenética xogarán papeis importantes.

JPEG - 193.6 KB
A proposta dunha animadora armada cunha motoserra para matar zombis é tan orixinal como arriscada
JPEG - 203.9 KB
Que a protagonista de Lollipop Chainsaw sexa unha animadora serve de pé para acrobacias impresionantes integradas no xogo

PUBLICIDADE